A Asociación de Cans de Salvamento e o Concello de Ferrol organizan unha xornada de portas abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Seguridade e Mobilidade que dirixe Pablo Cal Martínez, colabora coa Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA) na xornada de portas abertas que esta entidade organiza pasado mañá sábado, día 5 de abril, no Centro Cultural Carvalho Calero, situado no Ensanche A.  A partir das 11.00 horas, diferentes expertos en salvamento e intervencións de rescate darán charlas sobre a materia nun encontro de entrada libre.

O obxectivo deste encontro é difundir o papel dos cans de rescate dentro dos operativos de emerxencia, así como poñer en valor o servizo que estes realizan a prol de salvar vidas. O listado de relatorios que terán lugar nesta xornada de portas abertas de CASAGA é o seguinte:

-Aureliano Barcelo, guía canino e presidente de CASAGA.

-Roi Pantín, experto en salvamento e rescate acuático e que falará sobre cans de rescate acuático.

-Charla sobre “Cans de grandes áreas e programa de adestramentos.

-Alejandro Barreiro, responsable de formación de equipos caninos e bombeiro de Ferrol, que falará sobre os cans de busca en escombros.

-Un responsable da Unidade Canina do Tercio Norte de Infantería de Marina de Ferrol, que falará sobre cans de droga e explosivos.

-Ramón Piñeiroa, Garda Civil que falará sobre cans de rastro.

-Manuel González: “Equipos Cinolóxicos da Unidade Militar de Emerxencias”.

-Alejandro Míguez, perito en odoroloxía forense que falará sobre este especialidade.

3 de abril de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.