A Andaina Cidade de Ourense propón unha ruta de 30 kilómetros polo sendeiro periurbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o concelleiro de Deportes Alfonso Vilachá, o xerente en funcións do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez e a coordinadora da proba Marta Míguez presentaron esta mañá a XI Andaina Cidade de Ourense, que terá lugar o domingo, día 11 de maio na cidade.

Con saída ás 9:00 horas dende o Pavillón de Deportes dos Remedios, propón unha ruta de preto de 30 kilómetros de distancia, percorrendo o sendeiro periurbano da cidade, pasando por Santomé, encoro de Castadón, Santa Mariña, O Cumial, Seixalvo ou o Pazo dos Deportes Paco Paz para rematar de novo no Pavillón dos Remedios

A organización ubicará 4 puntos de avituallamento ao longo do precorrido, cada 6-7 km. nos que se ofrecerán aos participantes produtos líquidos e/ou sólidos.  

As persoas interesadas (maiores de 16 anos), poden realizar a inscrición ata o día 9 de maio a través da páxina web www.deportesourense.com, ou presencialmente nas oficinas do Pavillón dos Remedios, teléfono 988 370539 O custe é 7 euros e poderá haber ata un máximo de 500 participantes.

A proba está organizada polo Consello Municipal de Deportes e a Concellería de Deportes do Concello de Ourense, co patrocinio de “laCaixa”, Gadis, Pérez Rumbao, Turini, aquaBona e Coca Cola, e a colaboración de Termas de Outariz, Bodegas Cunqueiro e Estrella Galicia.

Prácticar hábitos saudables e coñecer a rede de sendeiros da cidade

O alcalde de Ourense. Agustín Fernández, animou a veciños e veciñas da cidade a participar nesta proba porque _asegurou_, ademais de ser unha forma de practicar un hábito saudable, como é camiñar, permitirá “desfrutar dunha parte de Ourense que seguramente moitas persoas non coñecen, esa rede perimetral de sendeiros no entorno da cidade”.

O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá agradeceu a colaboración de tódalas empresas e entidades que colaboran na organización desta proba que forma _dixo_ xunto con Correndo por Ourense e a popular de San Martiño, o “triángulo máxico” das carreiras e andainas da cidade

A coordinadora, Marta Míguez agradeceu tamén a colaboración do Club Alpino Ourensán, xa que coa súa axuda, o Concello traballa para a homologación da ruta por parte da Federación Galega de Montañismo. Un feito, dixo, que permitiría que os veciños e veciñas podan desfrutar do seu percorrido durante todo o ano.

23 de abril de 2014 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.