A AA.CC. Mestre Manuel Gacío de Boqueixón organiza a Terceira Andaina Vía da Prata
A Asociación Cultural Mestre Manuel Gacío de Boqueixón organiza a 3ªAndaina – Vía da Prata o vindeiro domingo 27 de abril. O percorrido constará duns 7-8 quilómetros de Ponte Ulla ao Campo da Feira. A saída do Campo da Feira será ás 10h en coche ata Ponte Ulla. Comezará o percorrido as 10,15 h. e descanso no Santiaguiño, escoitando unha lenda por Manolo Abelleira. Ao remate , aqueles que se anoten, degustarán en Fontes un menú a base de polbo, churrasco, patacas , ensalada e postre, ao prezo de 15 euros.
Para confirmar asistencia é preciso chamar a Lobato 664 444 528 ou mandar un correo electrónico a acmestremanuelgaciogmail.com
Outras actividades da asociación











