A A.E.F. organiza unha xornada de “Marca Persoal”
A Asociación de Empresarios Ferrolterra organiza unha Xornada de Marca Persoal. A xornada, gratuíta, celebrarase o 29 de abril a partir das 17:00 horas, na A.E.F. Con este curso pretendemos conseguir mellores oportunidades definindo unha marca persoal que destaque as habilidades e talentos dos profesionais, xa que somos coñecedores da importancia que ten para estes, o impulso da súa carreira profesional
Os obxectivos son: Que é a marca persoal e os beneficios; Estratexias online e offline en marca persoal; Estudo inicial de marca persoal e Xeración de estratexia.
A relatora será Yolanda Villar, Licenciada en Mercadotecnia e especializada en Construción de Líderes.
Para asistir é necesaria inscrición previa no 981 333 305, máis información na web da AEF: www.empresarios-ferrolterra.org











