3ª Andaina Saudable Eurocidade – Trillo Alto da Capela Velha
Mañá sábado, 12 de abril, realizarase o terceiro sendeiro do programa de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença, nesta ocasión no municipio de Valença polo “Trillo Alto da Capela Velha”.
Esta nova andaina terá unha distancia de 10 quilómetros, sendo a dificultade baixa, e cunha duración aproximada de catro horas.
O punto de saída será na igrexa de Gondomil, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.40 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.
En cada unha das andainas anteriores participaron máis de 170 persoas, polo que a Eurocidade Tui-Valença anima a todos os cidadáns de Valença e Tui a participar neste novo percorrido.











