16 empresas presentan oferta para o desdobramento da avenida de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Rexisto Xeral do Concello de Pontevedra recibiu esta mañá (até o peche da atención ao público) 16 ofertas de empresas para executar as obras de desdobramento da avenida de Vigo. Cabe subliñar, que o prazo de presentación de ofertas está aberto até as 00.00 horas de hoxe, polo que aínda poden chegar anuncios de ofertas por fax, ou ben as empresas poden presentar ofertas noutros Rexistro xerais doutras administracións, polo que o número total de ofertas aínda non estaría pechado.

A licitación do “Proxecto de urbanización da rede arterial do novo acceso sur N-550” saíu publicado no DOG e no BOP o pasado 28 de febreiro cun orzamento de 4.156.055,00 euros cun prazo de execución de 10 meses. Nesta licitación está incluída a construcción do novo viario así como todas as melloras do proxecto como a reurbanización da avenida da Estación ou a permeabilización do novo viario coa avenida de Vigo, así como a reforma da rotonda de Fernández Ladreda ou a reurbanización da avenida de Vigo (total ou parcialmente).

1 de abril de 2014 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.