Xóvenes da ADO visitan a un compañeiro no seu primeiro día en Aceites Abril

Membros de ADO na visita a Aceites Abril
18 membros da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO) visitaron hoxe as instalacións da empresa Aceites Abril no polígono de San Cibrao das Viñas no primeiro día de traballo dun dos seus compañeiros, Javier, que acaba de integrarse á empresa aceitera ourensá e que contará cun técnico de emprego durante o seu período de adaptación.
Ao longo do percorrido, Javier mostrou aos seus compañeiros a área de recepción de materia prima e aceite; tamén a área de produción coas liñas manuais e automáticas; así como as de procesado, embotellado, taponado, etiquetaxe e paletizado. Tamén a área de soprado para a fabricación dos envases e, de almacenamento do produto terminado. O percorrido terminou nos peiraos de carga de Aceites Abril, empresa na que Javier e outro compañeiro desenvolveron un período prácticas, grazas á colaboración existente entre ADO e Aceites Abril: “O noso obxectivo é fomentar a inserción laboral destes mozos e apoialos en diferentes áreas de traballo para que poidan desenvolvelas con independencia. Esperamos que Javier non sexa o único novo de ADO que traballa en Aceites Abril” explica José Manuel Pérez Canle, co-xerente de Aceites Abril e presidente da CEO, que acompañou a este grupo durante a visita, xunto con Marta Estévez Suárez, representante da Xunta Directiva de ADO.
Javier contará nesta primeira etapa co apoio dun técnico de emprego, que lle acompañará en todo momento (recolleralle na súa casa, trasladarao ás instalacións de Abril, tamén durante o seu traballo, descansos…) durante un primeiro período de adaptación. Este mozo desenvolverá o seu traballo na área de filtrado, na que xa estivo durante o período de prácticas, e tamén na de produción, metendo envases en caixas.











