Xornadas formativas de capacitación en igualdade para os monfortinos
A concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller e continuando coa posta en marcha de accións que figuran no II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres 2013-2016, impartirá unhas Xornadas formativas de capacitación en igualdade dirixidas ó persoal político e técnico do concello de Monforte de Lemos.
O obxectivo desta formación é proporcionar ó persoal técnico e político os principios e as ferramentas prácticas necesarias para respectar o principio de igualdade de oportunidades no exercicio das súas funcións dentro do concello, dando a coñecer o marco xurídico e político existente en materia tanto de igualdade como de prevención da violencia de xénero.
As xornadas terán unha duración de 12 horas e desenvolveranse no
Salón de Plenos do Concello, nas seguintes datas e horarios:
– Martes 25 de marzo de 12:00 h. a 15:00 h.
– Mércores 26 de marzo de 16:30 h. a 19:30 h.
– Martes 1 de abril de 12:00 h. a 15:00 h.
Mércores 2 de abril de 16:30 h. a 19:30 h.











