Xornada sobre adicción e uso responsable das novas tecnoloxías na Laracha
A Casa da Cultura da Laracha acollerá o vindeiro día 19 de marzo a partir das 19.30 horas unha xornada sobre adicción e uso responsable das novas tecnoloxías que organizan o Concello e Agalure (Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados).
Baixo o título Abre os ollos realizarase unha presentación de Agalure como recurso socio-sanitario e charlas impartidas por profesionais desta asociación sobre cuestións como a detección de posibles abusos e adiccións ás novas tecnoloxías (redes sociais, teléfono, móbil, internet, etc) e o uso responsable das mesmas.
A xornada finalizará cunha mesa redonda na que as persoas asistentes poderán compartir experiencias e aclarar as dúbidas que poidan ter nesta materia.
Non se require de inscrición previa e a xornada vai dirixida a todos os públicos.











