publicidade hoxe

XIV edición do Certame da Camelia no Castelo de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Durante o sábado 22 e o domingo 23 de Marzo o Concello de Soutomaior acollerá a décimo cuarta edición do Certame da Camelia. A cita terá lugar como cada ano no Castelo de Soutomaior e os asistentes poderán gozar dunha interesante exposición sobre a camelia, nun ámbito de beleza incomparable.

O horario da exposición será de 16.00 h. a 20.00 h. o sábado 22 e de 10.00 h. a 18.00 h. para a xornada do domingo.

A entrada será gratuíta para todos os públicos. Máis de 50 expositores mostrarán as súas mellores flores neste Certame anual que cada ano se vai consolidando con máis forza e prestixio.

Os premios aos mellores exemplares de camelias serán entregados o domingo 23 ás 18.00 horas.

Relación de Premios Camelia 2014: Tres premios a: Mellór flor – Mellor composición artística – Mellor traballo escolar. Premio especia lLelita Gradín. Dous premios: Mellor flor en escaparate comercial – Mellor composición artística en escaparate comercial

21 de marzo de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.