XI Trofeo Comodoro do RCN Portosín
O XI TROFEO COMODORO está organizado polo RCN Portosín durante os días 8 – 22 de marzo e 12 – 26 de abril sendo o campo de regatas a Ría de Muros – Noia.
A primeira proba tivo lugar o día 08 coa celebración dun percorrido costeiro de 12 millas.
Este sábado tivo lugar o segundo día de competición coa programación e celebración de tres probas de carácter técnico consistentes en tres Barlovento-Sotavento de 3, 47 millas náuticas cada un. Cun vento estable duns 15 nós e dirección oeste – sueroeste. Moi boas condicións para a navegación segundo comentarios dos propios regatistas á súa chegada a terra.
Unha vez máis o dominio absoluto recae para A Rabuda Un de Fernando González xa que suma 4 primeiros de 4 probas realizadas o que o alza como claro favorito para o trofeo final.
Na segunda posición a cousa non está tan clara xa que a falta de dous días de competición están empatados o Oral Group de Pedro Pazos e o Meigas Fora de Jose Codesido con 9 puntos cada un, sendo o desempate a favor da Embarcación de Pedro Pazos por ter dous segundos postos. Na pelexa pode entrar o Sara de Rafael Branco ou o Siradella de Cesar Alvarez que se atopan a tan só un e dous puntos respectivamente de alcanzar os postos de pódium.
A próxima cita será o día 12 de abril cun Percorrido costeiro que pode marcar a diferenza e decantar a balanza en favor de unhas ou outras embarcacións.











