publicidade hoxe

XI Regata Comodoro en Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

Comezou a XI Regata Comodoro, cita anual do RCN Portosín que forma parte do seu circuíto de inverno.

O percorrido formaba un triangulo ao que dar dúas voltas e terminar realizando un último bastón o que daba un total de 11 millas, pero as condicións metereológicas non o deixaron terminar tendo que concluír un pouco antes de tempo ao termo da segunda volta despois de realizar 8, 30 millas nauticas.

En tempo real primeiro fué o Meigas de Jose Codesido a escasos 15 segundo o Arroutado de Jose Manuel Pérez e moi pouco despois o Siradella de Cesar Alvarez.No tempo compensado as cousas cambian sendo o primeiro punto da regata para A Rabudo de Fernando Gonzalez, os dous puntos para o Sara de Rafael Branco e o tres puntos para o Meigas Fora de Jose Codesido.

Totem de Felipe Cale que navegaba en solitario e Dracco de Pablo Oliver optaron por retirarse antes de completar o percorrido.Así pois todos quedan convocados para o día 22 de marzo onde continuará esta clasificación coa celebración de tres barlovento- sotavento dunhas 8 millas en total.

10 de marzo de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.