Xa á venda as entradas para o partidazo entre Santiago Futsal e Inter Movistar
Tras a Copa de España volve a liga, e que mellor maneira de facelo que recibindo ao vixente campión da Copa, o Inter Movistar, que vén de alzarse co título tras vencer onte a Elpozo Murcia por 4-3 na gran final.
Así, este venres desde o Multiusos Fontes do Sar vivirase o partidazo da xornada entre Santiago Futsal e Inter Movistar, e as entradas xa están á venda nas oficinas do club. Todos os abonados poderán entrar gratis presentando o seu carné, mentres que as entradas para o público xeral serán a 15€ para adultos e 5€ para infantís menores de 13 anos. Seguindo a oferta para abonados, estes poderán retirar até 2 entradas para acompañantes a 10€ cada unha para este partido (oferta SÓ válida en venda anticipada até o xoves ás 20h).
O horario de oficinas é o habitual, de 10h a 14h e de 17h a 20h, e as entradas poderanse adquirir en despacho de billetes o mesmo día do partido desde as 19,30h. Recomendamos a todos os afeccionados que poidan que retiren a súa entrada anticipadamente, para evitar colas en despacho de billetes o día do partido.











