Xa á venda as entradas do Rio Natura Monbus – Fuenlabrada
O Rio Natura Monbus ten xa á venda as entradas para o partido ante o Fuenlabrada (sábado, 22 de marzo ás 20.00 horas) despois de colgar o cartel de “non hai billetes” ante a visita do líder da liga Endesa, o Real Madrid, este domingo. Por iso, lanzou unha iniciativa que xa levou a cabo a pasada tempada para premiar ao público universitario da comunidade galega. O club lanzará a partir de hoxe entradas a 9 euros para aquel universitario que desexe ver en directo o Rio Natura Monbus – Fuenlabrada, correspondente á vixésimo cuarta xornada.
O prezo para o público en xeral é de 35 euros para as Tribunas Retráctil, 29 euros as Tribunas 1, 25 euros as Tribunas 2 e de 19 euros Fondos.
No entanto, o club ofrece prezos reducidos para abonados e accionistas, menores de 18 anos, estudantes menores de 26 anos, federados, parados de longa duración e maiores de 65 anos de 25 euros en Tribunas 1, 19 euros en Tribunas 2 e 15 euros Fondos. Estes prezos mantéñense para as entradas adquiridas os xoves laborables.
Na compra de entradas con descontos requirirase ao portador da entrada a documentación pertinente que acredite devandito desconto á hora de acceder á instalación.
As entradas xa se poden adquirir nas oficinas do club, sitas no Multiusos Fontes do Sar, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00, e na Tenda Oficial do Club “Miudiño Store” da área Central (Local Blusens), de mércores a sábado de 17.00 a 22.00. Así mesmo, as entradas tamén se poden adquirir a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) as 24 horas do día.











