VII Charla de Saúde do Día Internacional da Muller en Monforte
Este mércores día 12 de marzo continúan as actividades programadas durante todo o mes pola concellería de Igualdade con motivo do “Día Internacional da Muller”.
Ás 20:00 h. na Casa da Cultura desenvolverase a VII Charla de Saúde. Laura Quintas Lorenzo, coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, membro de ACADAR e vicepresidenta da Asociación Galega de Hemofilia, falará sobre “A saúde nas mulleres con discapacidade”.
Lembramos que o pasado sábado tivo lugar o acto central do Día Internacional da Muller, no que Mónica Álvarez San Primitivo, presidenta de ACADAR, deu lectura a un manifesto, e o Ganchillo Urbano simbolizou as reivindicacións, cubrindo as escaleiras da praza con fíos de cores que representan as barreiras coas que se atopan diariamente as mulleres no exercicio dos seus dereitos











