Vasilis Xanthopoulos e Rafa Luz xa conducen o mellor coche do ano en Europa
As bases do Rio Natura Monbus Rafa Luz e Vasilis Xanthopoulos, xa se moven por Santiago co recentemente nomeado “Car Of the Year” do 2014 en Europa: o Peugeot 308. Rafa e Vasilis foron os primeiros en tomar o mando deste novo vehículo.
Cedido a ambos por Dimonorte, membro do Club de Empresas Obradoiro e Concesionario Oficial de Peugeot de Santiago e comarcas, o novo coche que conducen os xogadores do Rio Natura Monbus tamén destaca por establecer un novo record de baixo consumo, rodando máis de 32 horas cun só depósito e consumindo só 51.4 litros de carburante.
O éxito do vehículo está a ser tal, que a fábrica francesa ha tido que instalar unha quenda máis na súa planta de Sochaux para a fabricación do mesmo, empregando así a máis de 600 traballadores. Por outra banda, a compañía prepárase tamén para a chegada á cadea de produción da variante familiar da gama a finais de abril, o Peugeot 308 SW.











