V Cross escolar Ceip ‘A Rúa’ en Cangas
O próximo domingo 23 o CEIP ‘A Rúa’ acollerá un ano máis o cross escolar promovido pola ANPA do centro escolar. O evento, que cumpre a súa quinta edición, comezará ás 10.30 horas cun percorrido polo entorno do centro educativo e estimase que remate ás 13.30 horas co reparto dun pícnic entre os participantes con un bocadillo, auga e froita. Como peche da xornada celebrarase a entrega de premios para os tres primeiros nas distintas categorías: pitufos (de 3, 4 e 5 anos), minibenxamín, benxamín, alevín, ex-alumnos, e nais e pais habendo en cada unha categoría feminina e masculina. Ademais tamén haberá un mercadillo organizado polo alumnos e alumnas de 6º de primaria co obxectivo de financiar a súa viaxe de fin de curso.
Todos os interesados en participar teñen de prazo ata mañá ás 12.00 horas para realizar a súa inscrición no correo electrónico anpa.arua@gamil.com.











