Uns 400 deportistas desputarán a “Liga de salvamento e socorrismo acuático” na praia de Rodeira
A praia de Rodeira acollerá o este sábado día 29 de marzo a primeira proba da temporada de verán da “Liga de salvamento e Socorrismo Acuático” na que participarán 450 deportistas de entre 10 e 50 anos pertencentes a 10 entidades deportivas de toda Galicia.
O evento, organizado polo Club Sapo Pontevedra coa colaboración da Fundación Cangas Deporte, é de ámbito autonómico e puntable para a Liga Nacional de Clubs. As marcas individuais que acaden os deportistas nas diferentes probas que se disputarán esta fin de semana serviranlles para puntuar na Liga Nacional de Verano.
O sábado pola mañá competirán as categorías de cadete, xuvenil e júnior. Ás 9:00 horas realizarán o adestramento e a partir das 10:00 horas dará comezo a competición coas probas de “bandeira” que é eliminatoria, “carreira con táboa” e “carreira de sky”. Pola tarde será a quenda dos máis pequenos, competirán as categorías de infantil e cadete. Ás 15:30 comezarán a adestrar e a partir das 16:30 horas terá lugar o torneo coas probas de “nadar surf”, e “sprint en praia”.











