Unhas 50 persoas interésanse polo curso de manexo de carretillas elevadoras en Ribadumia
O Concello de Ribadumia organiza tres novos cursos de seguridade no manexo de carretillas elevadoras segundo marca o RD 1215/97, no que participarán cuarenta e cinco persoas. A alta demanda de inscritos provocou que desde o concello se organizase tres edicións do curso, respondendo asía a demanda existente. Este xoves e venres organízase as dúas primeiras edicións, mentres que o terceiro curso pasará para o luns desenvolverase o luns 10 de marzo. Trátase dunha das formacións máis demandadas na comarca do Salnés, principalmente para traballar en empresas conserveiras e demais almacéns.
A formación teórica desenvolverase en horario de mañá, reservando para tarde para a parte práctica. Os participantes son principalmente persoas en situación de desemprego, pero tamén houbo traballadores en activo interesados. Desde o Concello de Ribadumia destacan a importancia de facilitar a formación en profesións con alto índice de inserción laboral. O carretillero acostuma a traballar en almacéns e encárgase da condución de carretillas, sexan automáticas, semiautomáticas ou manuais. A súa función é trasladar a mercancía ou material dun lugar a outro, aproveitando ao máximo o espazo do almacén e dominando as manobras máis comúns, respectando todas as medidas de prevención e riscos laborais implantados.
Durante o curso, que inclúe prácticas en carretilla elevadora, o alumno coñecerá os elementos da carretilla, aprenderá a facer as manobras máis comúns e coñecerá a sinalización que pode atopar nas empresas, así como as normas de seguridade específicas, como se debe xestionar un almacén, os riscos laborais…
O Concello de Ribadumia ven organizando distintas convocatorias formativas durante o ano co obxectivo é facilitar a formación dentro do municipio, evitando os desprazamentos, e garantindo que teñan os coñecementos precisos para mellorar a súa inserción laboral. O curso de carretilleiro compleméntase co curso de manipulador de alimentos. Corenta persoas obtiveron o carné en marzo grazas ás accións organizadas polo concello.











