publicidade hoxe

Unhas 400 voces de 11 agrupacións daranse cita en Ponteareas para participar no Festival de Corais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPonteareasPontevedra
A-
A+

Preto de 400 voces de 11 agrupacións daranse cita en Ponteareas para participar no Festival de Corais que organiza a Deputación de Pontevedra e que se celebrará en Ponteareas o vindeiro 6 de abril.

As 11 corais participantes elixíronse por sorteo entre as 49 agrupacións da zona sur da provincia que se presentaron ao certame. A elas sumaranse outras 11 que actuarán no auditorio municipal de Valga o 27 de abril e que se elixirán tamén por sorteo o vindeiro luns, 24 de marzo, entre os grupos da zona norte que se inscribiron.

Cada unha das corais participantes interpretará 3 temas sen acompañamento musical (a capela) de elección libre, co único requisito de que un deles deberá ser en galego.

A coral encargada de abrir o certame en Ponteareas será a Polifónica San Pedro de Domaio, de Moaña; á que lle seguirán Ecos do Folón de Fornelos, O Rosal; Coral de Baredo, de Baiona; Coral Polifónica Valdarrosa, de Ponte Caldelas; Coral Polifónica Ponte das Febres, de Tui; Coral Polifónica A Raíña, de Redondela; Coral Centro Social de Tui; Coral Alvedosa, de Redondela, Coral Polifónica A Forna, de O Porriño, e Coral Polifónica de Tomiño, para pechar as actuacións a Coral Santa María de Areas, de Ponteareas.

A orde de actuación das 10 primeira corais vén definida polo número de integrantes de cada coral, comezando a que menor número de voces ten e rematando a máis numerosa; para despedir o certame como anfitrioa a coral da localidade na que se celebra o festival.

19 de marzo de 2014 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.