Unha zona verde ocupará o solar das Dornas, en Samil

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde visitou este venres os traballos de demolición do antigo restaurante As Dornas, en Samil, obra iniciada hai unha semana e que concluirá nun prazo estimado en 3 meses. Caballero anunciou que o mobiliario en bo estado será entregado aos comedores sociais que o precisen.

O Concello de Vigo creará unha zona verde no solar do antigo restaurante As Dornas, en Samil, unha vez rematen as obras de derrubo do inmoble, nun prazo estimado en 3 meses.

Caballero explicou que a nova zona verde “vai mellorar moito a praia de Samil e o seu aspecto”, ao suprimir un “obstáculo visual moi consistente”, en verbas do alcalde. O derrubo xa comezou a pasada semana e o mobiliario en bo estado será preservado e doado polo goberno local aos comedores sociais que o necesiten.

21 de marzo de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.