Unha selección de 7 deportistas galegos de taekwondo participará esta fin de semana no Open de Holanda
Galicia estará representada na 41 edición do Open de Holanda, que terá lugar os días 15 e 16 de marzo en Eindhoven (G-2). Este torneo ten un importante prestixio e unha espectacular participación, polo que servirá para medir as prestacións dos nosos deportistas e sumar puntos no ranking internacional.
Desta forma, en Eindhoven estarán Andrea Rica, Katia Calvar, Laura Lorenzo e Lúa Piñeiro, na categoría feminina. Un equipo compensado con veteranía e xuventude, mentres que o conxunto masculino estará formado por Borja Ríos, Fernando Rascado e Juan Fernández. Lúa e Juan foron convocados pola Federación Española. No Open de Holanda participarán un total de 1.378 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior e con presenza de taekwondistas das maiores potencias (Gran Bretaña, Turquía, Irán, Francia…).











