Unha empresa de Culleredo fomenta a inserción laboral a través da reciclaxe téxtil con fins sociais
Desde o mes de xaneiro está en funcionamento en Culleredo unha empresa con fins sociais que se dedica á reciclaxe téxtil. Une a vertente de inserción laboral coa sustentabilidade ao recuperar material que doutro xeito iría ao vertedoiro.
É a primeira empresa galega dedicada a este labor e o seu primeiro obxectivo a curto prazo é converterse nun Centro Especial de Emprego (CEE) para favorecer a inserción laboral das persoas con discapacidade.
A captación do produto realízana a través de colectores e caixas que que sitúan nos concellos nos que realizan colaboracións como Culleredo e Carral. Tamén colaboran con entidades como APEM (Asociación prol enfermos mentais), ASPESOR (Asociación de Persoas Xordas da Coruña), CPR Plurilingüe Andaina, entre outras.
Teñen o compromiso de xestionar os roupeiros sociais dos concellos cos que colaboran.
Están a ter unha gran acollida xa que imparte talleres de reciclaxe téxtil aos máis pequenos nos concellos e entidades colaboradoras.
A asociación de vendedores ambulantes en colaboración con Insertega, está pendente de concretar datas en varios concellos para a realización de mercadillos solidarios de segunda man, na que poderán participar os particulares de cada Concello e profesionais de segunda man de distintos sectores.