Un total de 30 alumnos reciben o diploma de “Monitor de Fútbol Base” do curso federativo en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Onte tivo lugar a entrega de diplomas do curso federativo de “Monitor de Fútbol Base” que se impartiu no Telecentro da Área Panorámica de Tui desde o mes de decembro.

No acto de entrega estivo presente o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o concelleiro de Formación, José Ángel Villaverde, o director da Escola Galega de Adestradores Manuel  Mosquera, o responsable da Escola na zona de Vigo e coordinador do curso Jose Luis Mosquera e os adestradores Ramón Rodríguez, Jorge Carril, Rubén Crespo e David Iglesias.

O curso, organizado pola Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores e en colaboración co Concello de Tui, formou a un total de trinta persoas que, durante 3 meses, recibiron formación  centrada na táctica, técnica, regulamento, menciña do deporte, psicoloxía aplicada e metodoloxía,  repartidas nun  total de 65 horas.

O Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo,  afirmou que o desenvolvemento do curso  foi todo un éxito e que o Concello fará o posible para nun futuro poder repetir e seguir formando adestradores para os equipos da zona,  e fomentar así un deporte de calidade .

6 de marzo de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.