Un obradoiro en Pontevedra beneficia a 24 alumnos en situación de desemprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Beatriz Mato na visita ao obradoiro

Beatriz Mato na visita ao obradoiro

Un total de 24 alumnos en situación de desemprego están a participar no obradoiro de emprego do concello de Pontevedra. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe esta iniciativa mixta de formación e emprego, na que o departamento autonómico está a investir preto de 215.000 euros.

Os participantes estanse a formar en dúas especialidades: dinamización turística e dinamización comercial. Cada unha das áreas conta con 12 alumnos.

O obradoiro vaise prolongar durante os próximos meses e, segundo explicou Mato, ofrece numerosas vantaxes. A primeira de todas elas é que os alumnos poden acceder a un posto de traballo e, ao mesmo tempo, ofrécelles unha formación teórica e práctica de calidade. Ademais, os obradoiros levan aparellada a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.

En concreto, este programa mixto ten posibilitado actuacións para a promoción turística do concello de Pontevedra e a promoción comercial do mercado de abastos.

A conselleira lembrou tamén que o Goberno galego mantén unha firma aposta por estes programa mixtos de formación e emprego. Actualmente, hai en marcha en Galicia 50 obradoiros, grazas a un investimento de máis de 9,5 millóns de euros. Na provincia de Pontevedra, están funcionando un total de 13, con 287 alumnos, e un orzamento de 2,5 millóns de euros.

O departamento autonómico xa publicou en xaneiro a convocatoria dos obradoiros para este ano. Contarán cunha dotación de 10,2 millóns de euros, cos que está previsto poñer en marcha outros 50 obradoiros.

20 de marzo de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.