Un investimento de 43.000 euros permite solventar os problemas de seguridade eléctrica do IES Santo Tomé de Freixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+
Bravo Bosh na visita ao centro educativo

Bravo Bosh na visita ao centro educativo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de rematar os traballos de reforma da instalación eléctrica do IES Santo Tomé de Freixeiro de Vigo cun investimento de case 43.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o centro para comprobar in situ a finalización dos traballos que se levaron a cabo debido a detección de defectos moi graves de seguridade nas proteccións dos circuítos eléctricos, na falta de illamento nas liñas secundarias e o deterioro do alumeado de emerxencia. Con esta obra, coma subliñou a delegada, queda solventado o problema de seguridade eléctrica que tiña o centro educativo.

Bravo Bosch, que estivo acompañada polo director do colexio e o xefe territorial de Educación, lembrou que esta obra ven a sumarse aos traballos que xa se levan realizando no instituto de secundaria da cidade nos últimos anos e que supuxeron un investimento total de case 133.000 euros. Neste senso, as actuacións acometidas pasaron por reformas de albanelería, adaptación de ascensores, reparación da traída da auga, traslado da aula de informática, colocación de estores, reparación do salón de actos ou substitución de tuberías de calefacción, entre outras.

A delegada destacou a traxectoria do IES Santo Tomé, coma un dos institutos “máis emblemáticos” da cidade. O centro conta con 726 alumnos e ofrece ensinanzas de secundaria e bacharelato, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais.

Por último, Bravo Bosch recordou que no ano 2013 e no que levamos de 2014, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a inversión en obras de mellora e reforma dos centros educativos da cidade olívica –tanto en CEIP coma en IES- ascendeu a case 830.000 euros mentres que nos concellos que conforman a área territorial de Vigo, o investimento superou os 1,7 millóns de euros.

17 de marzo de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.