Un grupo de “Xubilados pensionistas MCA Vigo” visitan Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Grupo de xubilados de Vigo durante a visita a Cangas

Grupo de xubilados de Vigo durante a visita a Cangas

Esta mañá un grupo de 39 homes e mulleres da asociación “Xubilados Pensionistas MCA Vigo e a súa comarca” cruzaron a ría para coñecer un pouco máis sobre Cangas grazas ás visitas guiadas ofertadas polo Concello de Cangas.

O percorrido comezou na Capela do Hospital onde recibiron unha pequena charla sobre a historia do noso pobo e as súas principais características. A continuación visitaron as zonas máis  emblemáticas da vila como a Ex-Colexiata e o “Cristo que non quixo arder”, o casco vello e as casas patín ou a Alameda Vella.

Tras o percorrido polas principais rúas de Cangas dirixíronse ata a parroquia do Hío onde visitaron o recoñecido Cruceiro e degustaron a gastronomía canguesa nun restaurante da zona.

27 de marzo de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.