Un grupo de estudantes holandeses visita Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Grupo de estudantes holandeses na visita a Cangas

Grupo de estudantes holandeses na visita a Cangas

Esta mañá un grupo de 23 mozos de entre 15 e 16 anos procedentes de Nymegen (Holanda) visitaron Cangas acompañados dos seus mestres e os alumnos do colexio vigués Miralba co que están facendo un intercambio. Este grupo de estudantes holandeses chegou a Vigo o mércores da pasada semana e en dous días voltarán ao seu país. Esta é a primeira vez que o centro neerlandés realiza un intercambio na provincia de Pontevedra, pero levan xa 25 anos percorrendo España e o resto de Europa con este tipo de iniciativas. Os mozos e mozas aproveitaron a súa estancia en Vigo para achegarse a Cangas e coñecer o noso pobo, moi diferente ao da súa procedencia. A visita comezou na Capela do Hospital e despois trasladáronse á Casa da Bola, onde puideron contemplar unha típica lareira galega. A continuación dirixíronse a igrexa Ex- colexiata, o casco vello onde coñeceron as casas patín e remataron a visita na Alameda Vella.

31 de marzo de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.