Un escenario para soñar no próximo encontro do Santiago Futsal
O vestiario do Santiago Futsal xa cheira a Copa. E é que tras varias semanas de adestramentos, competición e parón incluído, este xoves comeza a XXV Copa de España nun escenario que trae un recordo agridoce aos santiagueses.
O persoal dirixido por Santi Valladares chega a esta competición coa ilusión dun pequeno e a experiencia dun grande, e é que o Santiago Futsal é, xunto ao tres grandes (Inter Movistar, Elpozo Murcia e FC Barcelona Alusport) o único dos participantes en contar entre as súas vitrinas cunha Copa de España.
E é que son xa dez (once coa deste ano), todas desde o seu ascenso a División de Honra, as Copas de España nas que participou o Santiago Futsal, unha competición fetiche para os santiagueses, que soñan co imposible para seguir escribindo a súa historia.
Ademais, o Santiago Futsal é, xunto con Inter Movistar, o equipo con máis MVP da historia da Copa de España. O foron Ciço na Copa gañada en Zaragoza en 2006, Alemao na inesquecible Copa dos santiagueses na súa casa en 2010 e o porteiro Álex hai só dous anos en Logroño 2012.
Do seu dez participacións, só quedou fóra na primeira eliminatoria en tres ocasiones: na súa primeira tempada (Santiago 2004), en Lugo 2007 tras perder ante Elpozo Murcia por 4-3 e en Granada 2009, onde caeu ante o campión dese ano, Inter Movistar. Noutro catro ocasiones chegou a semifinais e nas 3 restantes alcanzou a final, alzándose co título na primeira delas ante Inter Movistar nos penaltis (Zaragoza 2006) e perdendo ante Elpozo Murcia por 2-3 en Santiago 2010 e ante FC Barcelona Alusport na prórroga por 5-3 (Logroño 2012).
Dous anos despois, o Santiago Futsal volverá ao Palacio dos Deportes da Rioxa, onde o Santiago Futsal plantouse na final sen facer ruído e puxo en serios apuros ao FC Barcelona Alusport, que tivo que chegar á prórroga para alzarse co título. Unha vez máis os valores do Santiago Futsal saíron á luz, arroupados por unha afección sempre fiel que os animou até o final e que este ano acompañará de novo ao seu equipo para tratar de dar a sorpresa, nun ambiente no que se respira fútbol sala por todos os recunchos da cidade, ese ambiente que tanto gusta ao Santiago e no que todos os soños son posibles.











