Un cento de xóvenes de Pontevedra participan no roteiro Castelao esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un grupo de 50 alumnos/as de 4º curso da ESO do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) fará mañá mertes, día 25 de marzo, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra, saíndo ás 9.15 horas horas da praza da Ferraría. O mércores 26 tócalles a outros 50 alumnos/as, tamén de 4º da ESO, pero neste caso do IES de Poio, que sairán ás 10.15 horas da mesma praza.

O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

24 de marzo de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.