Un cento de veciños de Brión participaron nunha ruta de sendeirismo pola Senda Verde de Carnota

Sendeirismo por Carnota
Máis dun cento de veciños e veciñas de Brión participaron esta fin de semana na primeira ruta da Campaña de Sendeirismo 2014 do Concello de Brión, un roteiro de dificultade baixa pola Senda Verde de Carnota. O tempo acompañou aos camiñantes ao longo dos 18 quilómetros que percorreron entre as localidades de Louredo e Ancoradoiro, disfrutando da riqueza cultural, patrimonial e ambiental deste municipio da Costa da Morte. Os veciños e veciñas de Brión disfrutaron dunhas espectaculares vistas do val de Carnota e da súa longa praia, así como de diversos restos arqueolóxicos como o petroglifo A Laxe Escrita ou o Castro de Mallou.
A próxima andaina está prevista para o vindeiro sábado 5 de abril e ten como destino as Fragas do Eume. Son 18 quilómetros de dificultade media por un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa e que conforma un dos roteiros de maior participación en edicións anteriores. A seguinte cita será o sábado 26 de abril e terá como destino os 20 quilómetros que separan o Castro de Baroña (Porto do Son) e Corrubedo (Ribeira). A inscrición en cada roteiro ten un custo de 8 euros e, inicialmente, convócanse 50 prazas. As poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión (981 50 99 08). Os autobuses sairán ás 8:30 horas da Carballeira de Santa Minia e volverán ao mesmo lugar ás 20:30 horas.











