Un cento de patinadoras participaron no III Campionato de Patinaxe “Concello de Oroso”

Club Patín Oroso
Máis dun cento de patinadores e patinadoras de Oroso, Ordes, Santiago, Milladoiro e Bertamiráns participaron esta fin de semana na terceira edición do Campionato de Patinaxe “Concello de Oroso”. Un campionato organizado polo Club Patín Oroso, en colaboración co Concello de Oroso, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Patinaxe.
Pola pista do pabillón Juanito Amigo de Sigüeiro pasaron patinadores e patinadoras de entre os 4 e os 16 anos, que competiron ata en oito niveis distintos. O concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, foi o encargado de facer entrega dos distintos premios ao final do torneo, no que destacou o “brillante papel realizado polo Club Patín Oroso, facendo podio e levando medallas en todos os niveis nos que participou”.











