Un centenar de deportistas danse cita en Vila Concepción para dar luz verde á tempada 2014 do Club Ciclista Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreDeportes
A-
A+
Presentación do Club Ciclista de Cambre

Presentación do Club Ciclista de Cambre

O Club Ciclista Cambre elixiu este ano a Casa da Cultura- Vila Concepción para levar a cabo a presentación a tempada 2014 e a dos seus equipos, na que estivo presente o alcalde de Cambre, Manuel Rivas, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, a subdirectora xeral de Plans e Programas de Deportes da Xunta de Galicia, Laura Mosquera, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón,  o concelleiro de Deportes, Fernando Caride e por suposto o presidente do Club Ciclista Cabre Reanult Caeiro, Antonio Carrodeguas.

Os equipos de competición do club son os de estrada desde a categoría benjamín até a xuvenil, BTT e elite. Tamén acudiron unha representación dos máis de 100 cicloturistas que teñen licenza co Club Ciclista cambrés. Case un centenar de ciclistas e as súas familias arrouparon un acto emotivo no que se rendeu especial homenaxe a un técnico de Deportes do Concello de Cambre, Bernardo Bish Lorenzo. De feito, o presidente do Club Ciclista aproveitou para darlle unha camisola do club á súa compañeira e sinalou que todos os maiollots deste ano levarán o seu nome na parte superior.

Pola súa banda, o alcalde de Cambre, agradeceu o labor formativo que fai o club polos máis novos neste deporte. “Quero en especial agradecer o labor da directiva e dos técnicos que deixan moitas horas no Club Ciclista porque facedes un traballo impagable na promoción, difusión e sobre todo na formación deste deporte. Quero mostrar un ano máis o meu apoio incondicional a este club en nome de toda a corporación e desde logo asegurarvos que os meus compromisos con el serán inquebrantables”, apuntou o primeiro edil, que lles pediu moito coidado na estrada porque “son os máis vulnerables sobre o seu s bicicletas”. Así mesmo, recoñeceu e agradeceu  o labor do ex alcalde, Antonio Varela, que apoiou ao club nos seus inicios fai xa 15 anos cando comezou a súa traxectoria neste municipio. Os sponsors do equipo tamén estiveron presentes e todos agradeceron a súa aposta a Renault Caeiro, polo seu apoio incondicional a este club.

22 de marzo de 2014 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.