Úbeda e Baeza incorpóranse ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asisitiu en Toledo á Asemblea Xeral do Grupo, na que se aprobou a incorporación de dúas novas cidades: Úbeda e Baeza, co que xa son 15 as integrantes. A xuntanza celebrouse na sala de Directores do Museo do Exército e ao remate da mesma sumáronse os alcaldes de Úbeda e Baeza, unha vez aprobada a decisión da súa incorporación.

Trala xuntanza, os rexedores reuníronse coa conselleira cultural da Embaixada de China e representante de Chinese Friendly International, Zhuang Lixiao, coa que se asinou un convenio na Sala de Tercios.

22 de marzo de 2014 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.