publicidade hoxe

Touro despide os entroidos deste ano cun desfile polas rúas de Fonte Díaz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Entroido polas rúas de Touro

Entroido polas rúas de Touro

Os veciños e veciñas de Touro e tamén os forasteiros despediron hoxe o Entroido 2014. Coincidindo coa ‘Feira do día 5’, celebrouse en Fonte Díaz a xa tradicion Feira do Entroido. Os ‘xenerais dá Ulla’ das parroquias de Bama e Fao, parroquias onde ten lugar as tradicionais celebracións do Entroido de Touro, déronse cita en Fonte Díaz. Ás 12.00 horas concentráronse fronte á sede do Concello. Alí luciron os seus coloridos traxes. Logo comezou o desfile, no que participaron os nenos e nenas do Colexio Público e tamén os máis pequenos, os alumnos do PAI, que vestiron os traxes de pequenos ‘xenerais do Ulla’. Os asistentes á Feira do Entroido, con ambiente de comerciantes e compradores, puideron degustar as tapas típicas do entroido nos locais de hostalaría de Fonte Díaz. E tamén en postos habilitados polo Concello, que ofreceron orellas, filloas e flores. Os veciños estaban hoxe un pouco máis tristes. Terán que esperar case un ano ata que empecen os entroidos de 2015.

5 de marzo de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.