Teo será unha das sedes do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTeo
A-
A+

O Concello de Teo será nos próximos días unha das sedes do Festival Internacional de narración oral Atlántica que se celebra entre os días 11 e 22 de marzo. Nesta ocasión en Teo contaremos coa participación de Cándido Pazó, Boni Ofogo e María de Pontragha.

Atlántica é o encontro dos mellores contadores e contadoras de historias. Entre o seus participantes atopamos a artistas galegos pero tamén de Camerún, Arxentina, Bretaña, Portugal, Irlanda… Nesta edición do 2014 o programa desenvólvese en Santiago, Vigo e Teo. Durante os días que dura este festival ofértase unha ampla programación de monólogos e actividades como talleres de narrativa tanto para adultos como para os máis pequenos/as.

En Teo o xoves 13 de marzo ás 21:30 horas no CSC da Ramallosa preséntase Cándido Pazó co seu monólogo Decamerón. Este é a única función, das que se fan en Teo, nas que se cobra e a entrada pódese mercar por adiantado na Santa Sede (A Ramallosa), na Capilla (Calo), na Senra (Pontevea), ou na taquilla o día da función. O prezo é de 10 euros. 

O venres 14 de marzo ás 18:00 horas contaremos con Boni Ofogo, de Camerún, na Mediateca do Grilo en Cacheiras. Este narrador chegou a España no ano 1988 e dende 1992 adícase a contar historias da tradició oral do seu país natal. A Teo chega coa historia do León Kandinga. E o martes 18 tamén ás 18:00 horas na Casa Común dos Tilos estará María da Pontragha cos seus “Contos do ratiño”. Esta educadora comezou a súa andaina no mundo dos contacontos no 2009. Estas dúas funcións son de balde.

10 de marzo de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.