Teatro Buratini comeza a programación da biblioteca municipal de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Vinte nenos de 3 a 9 participan nos talleres de animación á lectura que organiza a Biblioteca Municipal o abeiro do programa da Rede de Bibliotecas de Galicia Ler Conta Moito. As actividades inclúen unha variada oferta que pretende xerar o pracer dos nenos e das nenas pola lectura e espertar a imaxinación e a fantasía introducindo aos nenos noutros mundos reais ou fantásticos.

A primeira compañía a que se enconmeda esta labor é Teatro Buratini, que propón os mais pequenos un laboratorio de creación de propostas escénicas partindo da narración e interpretación de contos. Así na primeira os nenos leron a Bela durminte e  logo interpretaron a narración cun teatro de sombras.

Estes talleres de animación que comezaron o venres 7 marzo continuarán tódolos venres de 17:30 a 18:30 ata o mes de maio. Esta actividade ven a completar a oferta de actividades de ocio que o Concello de Ribadumia pon a disposición dos nenos e nenas do municipio.

14 de marzo de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.