Taller de ideas cara o emprendemento en Cangas
A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL acolle o “TALLER DE IDEAS CARA O EMPRENDEMENTO” a finalidade deste taller é servir de ferramenta para os mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas dentro do marco do PROGRAMA INICIATIVA XOVE ou outros similiares de participación xuvenil
4 de abril as 17.00 h. (duración unha hora e media) Na Casa da Xuventude
Qué é Iniciativa Xove?
É un programa que se pon en marcha dende a DXXeV, que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.











