Sonia Fernández presenta en Carral a súa exposición “Unha mirada e un sorriso”
A sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira vai acoller desde o martes 18 de marzo a exposición fotográfica da carralesa Sonia Fernández Gestal.
A mostra, titulada “Unha mirada e un sorriso”. ofrece 40 imaxes tomadas en Korhogo, en Costa de Marfil, nunha viaxe que realizou en 2007 para colaborar en labores humanitarias coa congregación das Irmás da Asunción. Aquela viaxe serviulle para cumprir un desexo de axudar ao pobo africano, ademais de coñecer un modo de vida no que a ledicia de vivir se impón ao sufrimento padecido pola total ausencia do respecto aos dereitos humanos.
A exposición inaugúrase o 18 de marzo, ás 21:00 h, coa presenza da autora e cunha charla da ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, na que presentarán os seus proxectos, entre eles os programas de acollida que no verán permite a nenos do Sahara visitar Galicia.
A exposición terá un horario de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h, e permañecerá en Carral ata











