Sonia Fernández presenta a súa exposición “Unha mirada e un sorriso” nen Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira vai acoller desde o martes 18 de marzo a exposición fotográfica da carralesa Sonia Fernández Gestal.

A mostra, titulada “Unha mirada e un sorriso”. ofrece 40 imaxes tomadas en Korhogo, en Costa de Marfil, nunha viaxe que realizou en 2007 para colaborar en labores humanitarias coa congregación das Irmás da Anunciación. Aquela viaxe serviulle para cumprir un desexo de axudar ao pobo africano, ademais de coñecer un modo de vida no que a ledicia de vivir se impón ao sufrimento padecido pola total ausencia do respecto aos dereitos humanos.

A exposición inaugúrase o 18 de marzo, ás 21:00 h, coa presenza da autora e cunha charla da ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, na que presentarán os seus proxectos, entre eles os programas de acollida que no verán permite a nenos do Sahara visitar Galicia.

A exposición terá un horario de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h, e permañecerá en Carral ata o 4 de abril.

PABLO DÍAZ OFRECE O SEU CONCERTO TOC TOC EN CARRAL DENTRO DO PROGRAMA FALAREDES

O músico galego Pablo Díaz presentará o seu espectáculo TOC TOC no edificio Toñito Espiñeira de Carral, o vindeiro sábado 22 de marzo, ás 18:00 h.

TOC TOC é un espectáculo para nenos de 3 a 10 anos. Tras revolucionar o público infantil coa xira de TIC TAC, Pablo Díaz volve cun musical baseado no libro-disco homónimo e no que invita a cantarlle á alegría e á amizade, á vez que inculca nos cativos valores como o ecoloxismo ou a paz, dun xeito lúdico e co galego como lingua.

TOC TOC rima con rock, pop, folk e tamén co soul, que aquí se mesturan coa tradición galega ao cobrar protagonismo sobre o escenario os romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico, que converten o concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan na nosa lingua. A música actúa así como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade.

Da man de FalaRedes 2014, TOC TOC chegará entre marzo e abril a 20 localidades galegas pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e á que pertence o Concello de Carral.

A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

CULTURA ORGANIZA UNHA VISITA Á MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS  E A COÑECER A CERÁMICA DE BUÑO

A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o sábado 19 de abril unha excursión ás localidades de Camariñas e Buño (Malpica) para coñecer e gozar das últimas creacións feitas no mundo do encaixe, e cales son os procesos artesanais que aínda se empregan en Buño para elaborar as fermosas pezas de cerámica que lles dan fama a esta localidade da Costa da Morte.

A viaxe ten un custo para cada participante de 27 euros que inclúe o autocar, a xantar, a entrada á Mostra do Encaixe con dereito a presenciar o desfile e o acceso ao Ecomuseo do Forno do Fonte en Buño.

As persoas interesadas deberán inscribirse na Casa da Cultura antes do 9 de abril.

18 de marzo de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.