Serviocio entrega 1.570 euros á Asociación contra o Cancro resultado da venda de calendarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
Entrega do cheque

Entrega do cheque

Esta mañá reuníronse no Concello representantes de Serviocio, a empresa concesionaria da Piscina Municipal con membros da Asociación contra o Cancro de Marín, e en presenza da Concelleira de Servizos Sociais e o Tenente Alcalde, Serviocio entregou un total de 1.570 €, procedente da venda dos calendarios que protagonizaron os monitores ou usuarios da Piscina.

Serviocio, ademas de agradecer aos monitores e usuarios da piscina o haberse involucrado nesta iniciativa, tambien queren agradecer á Cafeteria Construmar e ao Centro de Estética Trini Maquieira polo seu apoio coa venda de calendarios nas súas instalacións.

Pola súa banda, a Asociación Contra o Cancro quere mostrar o seu agradecemento á empresa Serviocio pola doazón, e tamén como non podía ser doutra forma á cidadanía de Marín pola súa excelente resposta a todas as iniciativas que a Asociación leva a cabo en Marín. lembrando a todos os cidadáns os seus servizos.

Como explica Angela Beltran, que o 15% de todos os ingresos que reciben, van parar á Fundación, que os dedica á linea de investigación, son financiamentos a 5 anos, tan necesarias, por exemplo os 500.000 € que destinaron a Galicia, á investigación de proteinas en sangue que leva a cabo o Dtor. Becerra en Ourense.

O resto dos ingresos dedícanse a psicólogos, psiquiatras, médicos, cursos para deixar de fumar, unha unidade movil con sede en Vigo, dependente dos servizos hospitalarios, para atender a enfermos terminais nos seus fogares, axudas ecónomicas, campañas de publicidade, e outra quizais menos coñecida que incide Angela Beltrán o presidente da Asociación como é a axuda ás persoas que se teñen que desprazar, tanto con pisos, axuda economica para desprazamento… Insistindo en que están a disposición de calquera enfermo ou familiares de enfermos que os necesite.

Desde o concello quérese recoñecer o labor desta Asociación con quen se ten asinado un convenio de colaboracion con achega ecónomica.

6 de marzo de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.