Semana da Novela Negra na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Verín, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal, promove a Semana da Novela Negra, que terá lugar do 31 de marzo ao 04 de abril.

Este ciclo de Novela Negra xurde co obxecto de aproximar aos/ás lectores/as e espectadores/as a esta literatura, e para lograr este fin, as persoas participantes nesta iniciativa coñecerán, de primeira man, o traballo real dos profesionais que aparecen neste tipo de novela. A mesma, definida por Raymond Chandler no seu ensaio El simple arte de matar (1950), debe o seu nome a que orixinalmente foi publicada na revista Black Mask de Estados Unidos e na colección Série Noire da editorial francesa Gallimard, pero tamén ao carácter escuro dos ambientes en que transcorre, lonxe das casas señoriais que ambientaban as novelas policíacas típicas da época. Este terma atópase asociado a un tipo de novela policíaca na que a resolución do misterio non é o obxectivo principal e os argumentos son habitualmente moi violentos, cunha división supérflua entre bos e malos, uns protagonistas como individuos derrotados e en decadencia en busca da verdade ou, cando menos, algún indicio dela.

A primeira xornada da Semana de Novela Negra da Biblioteca de Verín será o 31 de marzo, a partir das 19.30 horas, na propia instalación bibliotecaria. Terá lugar o relatorio “Metodoloxía de Investigación” a cargo de Carlos Fernández Sueiro -policía xudicial da Garda Civil-, que versará sobre la labor policial de investigación. Ao día seguinte, 01 de abril, á mesma hora e lugar, será a quenda para o relatorio “O corpo do Delito, de Fernando Serrulla -Unidade de Antropoloxia Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia-, sobre a labor de los forenses a la hora de aportar pruebas a la investigación.

Xa o mércores 02 de abril, á 19.30 horas e no Salón de Actos da Casa da Cultura, proxectarase a película “O crime da legua dereita”, de Luis Noriega. Trátase dun thriller de acción baseado nun terrible suceso real acontecido na localidade vilalbesa de Nete en 1911, onde un home foi esfolado en vida e brutalmente asasinado por encargo da familia dunha muller adiñeirada de Humanes (Madrid) que agonizaba por mor dun cancro de pel e á que, seguindo as recomendacións dun curandeiro, pretendían curar coa pel da vítima. A historia de ficción comeza cen anos despois na mesma zona, cando aparecen uns corpos coas mesmas características do crime acontecido cen anos antes. Unha parella de policías intentará dar caza ao asasino, que parece seguir o mesmo modus operandi.

E para finalizar esta Semana de Novela Negra, o venres 04 de abril nas instalacións da Biblioteca de Verín, ás 19.30 horas, terá lugar o relatorio de Domingo Villar, autor de “Ollos de agua” e “A praia dos afogados”, no que abordará cómo un escritor afronta o reto de coñecer como traballan todas as anteriores persoas participantes neste ciclo e xerar unha trama.

15 de marzo de 2014 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.