Salvaterra entrega o venres os premios do concurso de slogans contra a violencia de xénero
O Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convocou un concurso de lemas ou slogans para alumnos do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia de xénero.
O proxecto consistiuen confeccionar uns marcadores de páxinas onde vai o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos. Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos.
Preto de 50 nenos participaron nesta iniciativa, e este próximo venres ás 11.30 o Concello reuniraos a todos para dar a coñecer aos premiados.
Os premios son os seguintes.
– 1 Primeiro premio, por valor de 150 € canxeable por material educativo, deportivo e/ou música, roupa ou calzado. Ademáis, o slogan gañador do primeiro premio foi o utilizado para a elaboración dos marcadores de páxinas que serán repartidos entre o alumnado do centro.
– 3 premios por valor de 50 € canxeables por material educativo, deportivo e/ou música, roupa ou calzado.
A parte dende o Concello de Salvaterra faráselle entrega dun agasallo a todos os nenos e nenas que participaron nesta iniciativa como premio a súa participación.











