Ruth Tilve perdeu na primeira rolda do Mundial Júnior no punto de ouro
Ruth Tilve (-44 quilogramos) caeu na primeira rolda do Mundial Júnior, que se está a disputar estes días en China Taipei. A viguesa caeu no punto de ouro contra a brasileña Danielle Oliveira, despois de que o combate rematara con empate no marcador (4-4).
Xa so queda unha representante galega no Mundial, que será Laura Dosil (-59), quen debutará o día 25 de marzo contra a francesa Elodie Zahlan. Dosil, a pesar da súa xuventude, xa competiu a nivel internacional, coma no Europeo de Clubs fronte ao Natural Sport Riveira.
Hoxe competiu Ruth, no seu debú internacional, e onte domingo a protagonista foi Sabela López, que chegou á segunda rolda.











