Ruta Pedregal-Corno da Órrea organizada polo Concello de Meira
O Concello de Meira informa da próxima celebración da ruta Pedregal-Corno da Órrea que terá lugar o domingo día 6 de abril.
A hora de saída diante do Concello será ás 9:30 da mañá.
Esta ruta de dificultade media e 19km de percorrido ten unha duración aproximada de 5 horas. Para repoñer forzas a medio camiño haberá un aperitivo-almorzo.
Rematada a ruta e xa de volta en Meira o xantar estará disposto ás 15:30 horas no restaurante O’Casoa, no Polígono Industrial.
O prezo por participante é de 11 euros.
Haberá acompañamento de Protección Civil durante o percorrido.
O prazo para anotarse remata o xoves día 3 de abril.
Pódese facer efectiva a inscrición nas oficinas do Concello de Meira, na Oficina de Turismo, no teléfono 618.679.632 ou na direción de correo electrónico turismo@concellodemeira.com