Rocío Mosquera visita o centro de saúde de Oroso co gallo da ampliación da consulta telefónica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOroso
A-
A+
Rocío Mosquera na visita ao Centro de Saúde de Sigüeiro

Rocío Mosquera na visita ao Centro de Saúde de Sigüeiro

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, o centro de saúde de Sigüeiro con gallo da ampliación da consulta telefónica a todos os profesionais de atención primaria. Unha visita na que estivo acompañada polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial; polo xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde.

Manuel Mirás agradeceu á conselleira a elección de Oroso para comunicar esta nova e destacou a mellora asistencia experimentada polos veciños e veciñas do municipio coa posta en marcha deste novo centro de saúde. Así mesmo, Mirás explicou que non renuncia a que o centro poida transformarse nun futuro nun Punto de Atención Continuada, “onde poidamos ter servizo de urxencias e atención as 24 horas para dar servizo non só a todos os veciños de Oroso, senón tamén de concellos limítrofes”, pero que “son consciente da situación económica actual, polo que deixamos esta reivindicación para tempos economicamente mellores”. Mirás asegura que desexan que “estas instalacións teñan cantos máis usuarios mellor, pois así poderemos ter máis médicos, máis servizos e conseguiremos ter un centro de saúde que funcione polas tardes”.

Despois de asinar no Libro de Honra do Concello de Oroso, Rocío Mosquera visitou o centro de saúde para anunciar a extensión da consulta telefónica, comezada en decembro cos médicos de familia, ao resto de persoal de atención primaria. A titular da carteira sanitaria destacou o alto grao de satisfacción dos pacientes que se acollen a esta modalidade de consulta, así como dos profesionais, remarcando que a quen beneficia máis esta iniciativa é aos cidadáns, que son os que deciden si queren ou non unha consulta telefónica cando piden a cita.

10 de marzo de 2014 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.