Rey Varela inaugura a IX Xuntanza Tecnolóxica Empresa – Universidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela durante a inauguración das xornadas

Rey Varela durante a inauguración das xornadas

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu a inauguración da IX Xuntanza Tecnolóxica Empresa – Universidade que hoxe e mañá desenvolvese na Escola Universitaria Politécnica, en Serantes. Ademais do primeiro edil da cidade, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres Miño; o director da Escola Universitaria Politécnica, Manuel Graña López; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros  Técnicos Industriais de Ferrol, Olegario Míguez Freire; e Roberto Murados Rodríguez, en representación do alumnado, participaron no acto de apertura deste simposio que pon en relación ao empresarios cos futuros enxeñeiros.

Na súa intervención, o rexedor ferrolán subliñou a importancia que ten a formación e a Universidade no futuro laboral; destacando o feito de que Xuntanza Tecnolóxica Universidade – Empresa “se teña consolidado no calendario de actividades da Universidade da Coruña”. Así, destacou que o valor destas xornadas “é que ademais de permitir seguir avanzando na mellora da formación favorece algo tan sinxelo pero importante como poñer en contacto aos estudantes coas empresas”. “En Ferrol temos un enorme potencial que non sempre sabemos valorar correctamente. Desta cidade saen os mellores enxeñeiros e a labor destes en ámbitos como o naval está recoñecido tanto nacional como internacionalmente. Nesta escola fórmanse os mellores profesionais nunha industria tan estratéxica para Galicia e o conxunto de España como o naval, e iso hai que poñelo en valor”, manifestou Rey Varela.

Neste sentido, o alcalde instou ao alumnado da Politécnica a que aproveiten estas xuntanzas para “coñecer de primeira man as actividades e produtos nos que traballa o sector empresarial da nosa comarca e aos responsables das entidades que se dan cita estes días na Escola para tender unha ponte de colaboración futura coas que estou convencido de que serán as xeracións de enxeñeiros mellor preparados das últimas décadas”.

27 de marzo de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.