Retómase o proceso de adxudicación dos postos vacantes na praza de abastos de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este mediodía celebrouse a mesa de contratación para a adxudicación dos sete postos vacantes na Praza de Abastos. A mesa estivo presidida polo alcalde de Cangas José Enrique Sotelo e nela participaron a concelleira de Persoal María Lucía Lede e varios técnicos municipais. Tamén estiveron presentes no proceso tres dos solicitantes dos postos.

En total rexistráronse nove solicitudes, dúas para os tres postos de carnicería ofertados e sete para os catro postos de venda de peixe.

Unha das ofertas foi desestimada por non ter entregado a documentación esixida para o proceso de adxudicación e outra opta tanto a un posto de carnicería coma de peixería, polo que das nove solicitudes iniciais oito son as que optan aos sete postos vacantes.

Unha vez coñecidas as ofertas económicas de todos os posibles adxudicatarios,  empregados municipais traballarán para elaborar o cómputo entre a contía económica, os puntos por situación de desemprego, minusvalía ou venda de produto novidoso.

Unha vez establecida a puntuación de cada un dos solicitantes redactarase a proposta e está previsto que o mércores se lle comunique o resultado do proceso aos adxudicatarios.

10 de marzo de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.