Retiran un can de raza pitbull en Vigo por ataque a unha persoa e a outro can
O día 11 de marzo, axentes desta Policía Local foron comisionados pola Central de Información e Mando para que se trasladasen á rúa Churruca, onde ao parecer un can PITBULL-STAFFORD de raza potencialmente perigoso atacara a unha persoa e a outro can.
Acudida a patrulla actuante, son requiridos por unha nova, a cal manifestou que momentos antes cando se atopaba paseando ao seu can de raza BASSET- HOUND, viu saír a un can dun bar situado nesta mesma rúa e si máis, atacou ao seu causándolle feridas no pescozo e patas.
Un mozo ao tentar separalos foi tamén mordido na perna dereita.
A propietaria do can resultou ser TM.R.G de 28 anos de idade nada e domiciliada en Vigo, a cal non tiña a correspondente licenza para a tenencia de cans perigosos nin inscrito o animal no Rexistro preceptivo, acto seguido o can foi retirado polos servizos municipais para ser trasladado á protectora de animais.
Significar que este animal xa protagonizou un feito similar no mes de outubro ao atacar e matar a outro can nese mesmo lugar.











