Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada
O Azkar Lugo cadete viu recortada a súa distancia con respecto aos seus perseguidores á fronte da liga autonómica. Os lucenses perderon ante o Colegio Liceo (4-1) nun choque no que comezaron adiantándose e pese a realizar un bo primeiro periodo, os coruñeses serían capaces de remontar antes do descanso. No segundo periodo o Azkar foise con descaro a polo partido, pero a fortuna non estivo ao lado dos azuis xa que varios balóns aos paus impediron o empate. Ata os pronistas sacaron porteiro-xogador na recta final en busca da igualada pero aí chegaría a sentenza do Colegio Liceo.
Ficha técnica:
Colegio Liceo 4: Miguel, Jaime, Martín, Pablo e Adrián, -cinco inicial-, José María, Ángel e Roberto.
Azkar Lugo 1: Carlos, Cley, Pablo, Marcio e Roi, -cinco inicial-, Jesús, Marcos, Pedro e Brais.
Árbitro: Grueira Fernández (A Coruña).
Incidencias: 24ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón Colegio Liceo.
Goles: 0-1 min. 10 Marcos, 1-1 min. 16 Jaime, 2-1 min. 20 José María, 3-1 min. 46 Pablo e 4-1 min. 50 José María (dobre penalti).
O Azkar Lugo cadete xoga este sábado ás 18:00 horas no Centro Deportivo Terra ante o Hércules Coruña FS.
O infantil caeu ante o líder pola mínima
Difícil compromiso o que afrontaba o Azkar Lugo infantil que visitaba a cancha do líder da liga, o Colegio Liceo. Os de José González adiantaríanse ao primeiro minuto de xogo aínda que pouco despois os coruñeses xa poñían as táboas de novo no marcador. O maior dominio dos locais fixo que o Azkar buscase durante varios minutos o xogo de superioridade co 5×4 o que igualaba o choque, mesma tónica de partido que se repetiu no segundo periodo o que fixo chegar a un final igualado de partido. Só 20 segundos separaron ao Azkar de poder puntuar na cancha do líder xa que nese momento chegaría o 2-1 para o Colegio Liceo que sería xa definitivo.
Ficha técnica:
Colegio Liceo 2: Jorge, Diego, Pablo, Daniel e Álvaro, -cinco inicial-, Brais, Pablo, José, Alejandro e Antón.
Azkar Lugo 1: Iago, Borja, Pablo, Luís e David, -cinco inicial-, Jacobo, Noé, Pumi, Noel e Mera.
Árbitro: Modroño Liz (A Coruña).
Incidencias: 24ª xornada da liga autonómica infantil. Pavillón Colegio Liceo.
Goles: 0-1 min. 1 David, 1-1 min. 3 Pablo e 2-1 min. 50 Diego.
O Azkar Lugo infantil xoga este sábado desde as 16:30 horas ante o Lumieira no Centro Deportivo Terra.
O Azkar Prone alevín
O conxunto alevín do Azkar Prone proclamouse campión de liga local tras vencer onte ao Franciscanos por 1 gol a 0. O conxunto pronista será un dos representantes da zona centro nos campionatos provinciais.
Resto de resultados
Azkar Fundación prebenxamín 0 – Franciscanos 6
Azkar Fundación prebenxamín 7 – Escolas Lucenses 1
Azkar Prone prebenxamín 7 – Pena Españolista 3
Azkar Fundación benxamín 6 – María Auxiliadora 3
Azkar Prone benxamín 1 – Divina Pastora 2
Azkar Fundación alevín 2 – Franciscanos 2
Azkar Prone alevín 7 – Casás A 1
Azkar Lugo infantil 5 – Santiago Futsal 2
Azkar Lugo cadete 3 – Santiago Futsal 2
Próximos partidos
Venres 28/03:
Centro Deportivo Terra:
17:00 horas: Psicomotricidadw II – EDM Guitiriz
18:00 horas: Psicomotricidadw I – EDM Guitiriz
Sábado 29/03:
Polideportivo A Piringalla:
09:00 horas: Triscos – Azkar Prone alevín
Centro Deportivo Terra:
11:30 horas: Azkar Prone prebenxamín – Rosalía 12:20 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Rosalía
13:10 horas: Azkar Probe benxamín – Luís Pimentel C
Domingo 30/03:
Centro Deportivo Terra:
19:20 horas: Casás A – Azkar Fundación alevín
Palacio Municipal dos Deportes de Lugo:
19:00 horas: Franciscanos – Azkar Lugo infantil B
Martes 01/04:
Centro Deportivo Terra:
20:00 horas: Azkar Fundación benxamín – AMPA Colegio Milagrosa











